Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Comité de empresa do Concello denuncia carencia de persoal e medios materiais na administración local

concello-de-redondela

Os sindicatos denuncian que hai unha media de 20 postos de traballo vacantes “co prexuízo que isto ten tanto para a atención e a solución de problemas á veciñanza, como para o seu propio desenvolvemento e defensa dos seus intereses”.
En canto ao material do que dispoñen os traballadores apuntan a que os vehículos e algúns equipos de traballo caen a cachos e que os vehículos de Obras e do Servizo de Emerxencias “non saen do taller” até o punto de que algúns deles xa teñen protagonizado algunha incidencia polo seu mal estado “pero este Goberno non o toma en serio e non fai practicamente nada por reverter esta situación. O feito de non ter uns equipos de traballo en condicións retarda o traballo, supón un esforzo extra e pon en perigo a seguridade das persoas traballadoras”.
Denuncian tamén que se lles negan as mudas anuais de roupa de traballo “algo que non lembran nin as persoas máis veteranas” e acusan á concelleira de Persoal “de ameazarnos de forma velada con non cumprir un acordo ao que chegamos anos atrás para a mellora do vestiario se esiximos a entrega da roupa anual”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará