Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas organizan unha charla para sensibilizar sobre a Igualdade e a Discapacidade

charla

A Federación de ANPAs de Redondela, en colaboración con ANPAS Galegas, organiza unha actividade dirixida a familias e á comunidade educativa sobre Igualdade e Discapacidade. A actividade terá lugar este venres 8 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Multiusos de Redondela, e contará coa participación de COGAMI.

Este encontro busca fomentar o diálogo e a reflexión sobre a inclusión e igualdade no ámbito educativo, facendo especial fincapé nos dereitos e a visibilidade das persoas con discapacidade.

Entenden dende a Federación que é necesario para toda a comunidade que se teña coñecemento da situación real e os problemas de inclusión, para que entre todos poidamos demandar políticas inclusivas que promovan a igualdade en todos os ámbitos da sociedade. Son necesarias medidas específicas para reducir as desigualdades e favorecer a integración efectiva das persoas con discapacidade nos centros educativos, a educación inclusiva é esencial para acadar unha sociedade máis equitativa polo que é importante que todas as familias afectadas directamente ou non acudan a esta charla e teñan coñecemento da situación.

A actividade está cofinanciada polos Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero orientadas a promover a igualdade e a prevención da violencia de xénero nas asociacións de nais e pais de centros educativos de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará