Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un veciño de Redondela tras ser atropelado na N-552 á altura de Bolero

accidente

Os feitos producíanse contra as cinco da tarde de onte e o home, de avanzada idade e que segundo as testemuñas estaría cruzando indebidamente a estrada nacional, foi alcanzado por un vehículo que circulaba en dirección Pontevedra-Vigo resultando ferido de gravidade. Malia que foi trasladado con vida a un centro hospitalario non puido superar as lesións que lle provocou o atropelo e acabou falecendo.
Axentes da Policía Local de Redondela, que acudiron ao lugar logo de seren alertados polo 112 Galicia confirmaron a gravidade do home, Sergio LL. A. de 93 anos de idade que quedou tendido no chan tras ser atropelado por un turismo, conducido por unha veciña de Redondela.
Un equipo médico de Urxencias Sanitarias desprazáronse ata o lugar para atender a vítima que, malia ser trasladada a un hospital, non foi quen de superar as feridas que lle provocou o atropelo.
Ademais da Policía Local colaboraron nas tarefas de auxilio axentes da Garda Civil de Tráfico, que se encargaron de regular o tráfico de vehículos- con importantes retencións na entrada e saída de Redondela por ese punto- dúas ambulancias do 061 e médicos do pack de urxencias de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará