Dous atracos en cuestión de días en Redondela mobilizaron aos axentes da Policía Local e nacional. Tiveron lugar na farmacia de Chapela que se atopa na subida a Mouriño e na farmacia de Cedeira, na N-550. O atracador, un mozo de 1,70 centímetros de altura que ocultaba o seu rostro con braga e gorra, apuntou ás traballadoras para amedrentalas. O botín en ambos os dous casos foi escaso debido a que o sistema de caixa que se emprega nas farmacias impide retirar os cartos.
O primeiro dos sucesos tivo lugar o pasado venres en Chapela na farmacia que se atopa na subida a Mouriño. Todo apunta a que sería o mesmo individuo o que probou sorte na tarde de onte –tamén ao redor das oito- na farmacia da portela en Cedeira. O asaltante accedeu ao establecemento ocultando o seu rostro e armado cunha pistola coa que amedrentou ás traballadoras e as obrigou a meterse no baño, dende onde elas foron que comunicarse co exterior para alertar de que estaban sendo vítimas dun roubo.
O obxectivo do individuo era facerse coa recadación, con todo o sistema de cobro que se emprega nestes establecementos, diferentes das caixas rexistradoras tradicionais, dificulta o acceso aos cartos e que estes poidan ser subtraídos. O botín en ambos os dous casos serían de tan só uns euros.
Policía e Garda Civil investigan agora os sucesos co visionado das cámaras e as descricións achegadas polas traballadoras, para tentar dar co asaltante que podería ser o mesmo que xa ten actuado noutras localidades da contorna.