Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol local feminino comeza a tempada con forza

461782887_862715929171332_9072220761710272520_n

O CD Cesantes sumou un punto gracias ao  empate contra o Domaio, mentres que o CD Soutomaior vencía na súa visita ao Moraña e o Chapela CF descansou. Cabe destacar que o fútbol feminino está en auxe e nesta liga de F7 están inscritos sete equipos da contorna.

Liga F7, Pontevedra

CD CESANTES – DOMAIO F.C. (5-5)

Empate a 5 das mozas do sénior do CD Cesantes contra o Domaio no Campo de A Gándara. Levan dúas xornadas de liga xogadas e de momento suman dous empates e sitúanse de segundas pola cola. O próximo domingo visitan o AT. Cuntis, equipo no medio da táboa.

As de Romero comezaron dominando o partido con dous goles marcados nos dez primeiros minutos. As rivais marcaron o primeiro tanto no minuto doce e a partir de ahí comezou un tira e afrouxa que continuou despois do descanso e que rematou en empate. Un aprtido moi igualado en forzas co que suman outro punto e continúan na loita polos postos altos.

Goleadoras: Irene (5’ e 40’), Lola (10’), Gema (21’) e Elva (33’).

MORAÑA CF – CD SOUTOMAIOR (1-2)

As mozas do CD Soutomaior suman a segunda vitoria consecutiva nas tres xornadas que van de liga en F7 e sitúanse segundas na clasificación xeral . A última vitoria foi esta fin de semana contra o Moraña cun resultado de un fronte a dous.

O seguinte domingo reciben ao SDC San Adrián, pechacancelas da categoría.

Goleadoras: Sara (36’) e Lucía (37’).

Liga F7, Vigo

CHAPELA-CF  DESCANSOU

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará