Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello achega á Confraría unha subvención de 10.000 euros para a repoboación dos bancos marisqueiros

Convenio Confraría

O Concello de Redondela acolleu este mediodía o acto de sinatura do convenio coa Confraría de Pescadores San Xoán. O acordo asinado entre a alcaldesa, Digna Rivas, e a Patroa Maior do pósito Nisi Otero supón formalizar o convenio que supón unha achega económica de 10.000 euros, duplicando a subvención do ano pasado, que fora de 5.000 euros.

No acto participaron tamén o concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, o secretario da confraría Anxo Bérgomi Táboas, e os vicepresidentes Francisco Javier Pereira e Ana Belén Sotelino, quen tamén preside a agrupación de mariscadoras. A través deste convenio o Concello de Redondela achega á Confraría unha subvención de 10.000 euros, o que supón duplicar a cantidade do ano pasado, que ascendía a 5.000 euros. Estes fondos servirán para a compra de semente de bivalvos, neste caso ameixa xapónica, para repoboar os bancos marisqueiros nos que faena tanto o marisqueo a pé como a flote. Actualmente a confraría conta con 215 socios, dos que a agrupación de mariscadoras a pé suma 80 persoas.

A alcaldesa puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a este colectivo, “que desenvolve unha labor económica fundamental na ría cun traballo artesanal e sostible do que viven ducias de familias o noso municipio”.

A Confraría é unha das 21 entidades do concello entre as que se reparten un total de 319.500 euros en concepto de subvencións nominativas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará