Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello parroquial de Chapela queda constituído en medio da polémica pola súa composición

pleno

A proposta, consensuada polos colectivos da parroquia e aprobada no último pleno municipal, establece que este organismo estará presidido polo concelleiro de infraestruturas e sostibilidade Roberto Villar, cuestión moi criticada por populares e nacionalistas. En canto a distribución do resto dos membros que formarán parte deste órgano consultivo establece que os colectivos culturais estean representados por tres persoas mentres que haberá dous representantes procedentes das asociacións veciñais, dous de formacións deportivas e outros dous das Anpas. Finalmente habería tamén representación da Asociación de Montes, a Asociación de Empresarios e as Asociacións de Mulleres, que achegarán un representante cada unha.

Iria Vilaboa, Concelleira de Participación

Un reparto que foi proposto polos propios colectivos e que busca superar un enfrontamento previo en canto ao número de representante que debía ter cada unha das asociacións que integran este Consello, tal e como explicaba dende AER, Roberto Villar.

Roberto Villar, AER

Moi críticos amosáronse dende o BNG co proceder do goberno local na constitución dos consellos parroquiais e concretamente no caso do de Chapela que, ao entender de Xoán Carlos González, non debería estar presidido por Villar “entre outras cuestións por ter afirmado no seu día que estes órganos non servían para nada”.

Xoán Carlos González, BNG

Opinión que comparten tamén os populares quen acusaron ao goberno local de non ter intención de que estes Consellos funcionen. En palabras do edil Miguel Alvarez Ballesteros “non teñen interese nin en que se executen os orzamentos participativos nin que funcionen estes consellos parroquiais porque neles o goberno local ten que dar contas”. Con todo, o enfrontamento máis intenso chegou coa referencia á idoneidade de que Villar presida este Consello “cando non reside en Chapela”.

Miguel Ángel Álvarez, PP

O enfrontamento medraba coa contestación do edil de AER que convidaba aos nacionalistas a entrar a gobernar “que asuman as competencias de participación cidadá” e acusaba ao PP de “rastreros e sen vergonzas” por faceren referencia a que non reside en Chapela cando “saben que me tiven que ir porque a miña vivenda foi expropiada pola ampliación da AP-9”.

Roberto Villar, AER

Saía en defensa do presidente do consello a súa compañeira de goberno, a edil iria Vilaboa quen insistiu en que Villar tiña todo o apoio do grupo para presidir esta entidade e asegurou que dende a súa concellería estase a traballar arreo co obxectivo de poñer en marcha todos os consello parroquiais con total transparencia e “a pesar das pedras no camiño e os atrancos políticos” logramos poñer en marcha un proceso paralizado dende o 2020. Louvou o traballo feito polos colectivos que “foron quen de chegar a un acordo en canto ao reparto de representantes malia as dificultades que iso supuxo”.

Iria Vilaboa, PSOE

A proposta, tal e como solicitaba a edil de participación, saíu finalmente adiante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará