O peirao de Arcade acollerá durante dúas fins de semana un espectáculo que fará as delicias dos amantes do motor. Unha exhibición e acrobacias dun gran número de vehículos americanos realizados por especialistas do cine e a televisión. As entradas teñen un prezo que van dende os 15 euros da entrada xeral ata os 30 euros que custa a entrada Vip.
O espectáculo “American Motor Show” amosará aos asistentes durante máis dunha hora e media a condución dos números 1 do automovilismo acrobático que executarán un sinfín de números con coches a dúas rodas, motos, quads, camións e os Monstertruck, os todoterreo máis grandes do mundo.
Un dos números especiais é o “Exterminator”, un carro de combate que aplasta a varios vehículos, en vivo e en directo, demostrando toda su forza destrutiva. O piloto e organizador do evento Rubén da Silva, pertencente a unha longa saga de acróbatas do automovilismo, falábanos do espectáculo
Insiste en que se trata dunha combinación de números que van atraer aos máis cativos pero tamén aos maiores.
O “American Motor Show” estará no peirao de Arcade os días 16,17, 23 e 24 con funcións ás cinco da tarde agás o domingo 17 que será ás doce do mediodía. Con motivo das labores de montaxe, non se poderá acceder ao aparcadoiro principal do Peirao de Arcade ata o luns, 25 de novembro, ás 9:00 horas.