Un gol de penalti de Álex Guillán no tempo de prolongación do partido permitiu ao Umia facerse co empate nun encontro no que os choqueiros puideron levarse a vitoria. Situados no posto decimocuarto da táboa, os de Redondela teñen unha cita na vindeira semana en Santa Mariña, onde reciben ao Atllático Arnoia, equipo situado na novena praza.
Umia 2-2 Choco
Sería no tempo de desconto cando o Umia se fixo co empate. Os de Redondela tiveron que superar un primeiro gol en contra de Eloy Fariña quen bateu a portería de Cortegoso media hora despois de arrancar o partido. Na segunda parte comezou mellor o equipo de Félix Rial que logrou o empate a un tantos nun córner. A continuación Jonás Caride marcaría o 1-2 para os choqueiros. Sería no desconto cando chegou o penalti que non fallarían os locais. A próxima cita do Choco será na casa cun partido co Arnoia.
Primeira Futgal, grupo 5
Campo lameiro 0-3 Soutomaior
O equipo de Soutomaior fíxose coa vitoria na súa visita a Campo Lameiro. Decimoterceiros do grupo na vindeira semana reciben ao San Martín.
Arcade 1-0 San Adrián
Vitoria tamén para o Arcade, neste caso pola mínima, ante o San Adrián. Nunha magnífica terceira posición a próxima cita leva ao equipo a Ribadumia.
Segunda Galicia, Vigo
Villar 8-4 Oiense
Avultada vitoria do Villar nun partido con moitos goles. 8-4 foi o resultado do encontro que lles da ánimos para afrontar a súa vindeira cita no campo do Balaídos.
Terceira futgal, Pontevedra
Cotobade 2-1 Cesantes
Derrota pola mínima do Cesantes. Na sexta posición do grupo na vindeira semana reciben ao Salcedo
Terceira futgal, Vigo
San Esteban 1-3 Chapela
Pola súa banda o Chapela lograba a vitoria ante o San Esteban e tentarán remontar a súa novena posición no partido que na vindeira semana disputan na casa. Reciben ao pechacancelas do grupo, o Sampayo.