Hoxe é Martes 19 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por violencia de xénero

poli

Os feitos tiveron lugar as 3 da madrugada de hoxe cando se recibía unha chamada no servizo da Policía local alertando dunha liorta nunha vivenda na parroquia de Cesantes. Ata o lugar desprazáronse as dúas patrullas de servizo e procederon á detención dun varón de 52 anos de idade que acababa de agredir a súa esposa coa que convive no domicilio familiar.
Os feitos producíronse na propia vivenda na que reside tamén un fillo varón maior de idade que no momento do suceso atopábase no segundo andar da casa.
Os axentes procederon á detención e posta a disposición xudicial do varón, que hoxe mesmo será obxecto dunha vista rápida para determinar as medidas a aplicar. Malia que a muller non presentou denuncia, nestes casos actúa de oficio o servizo de VioXen da policía, un sistema incorpordo a este servizo co obxetivo precisametne de loitar contra a violencia de xénero e garantir o cumprimento das medidas xudiciais de proteción das vítimas.
Investigados por delitos contra a seguridade viaria
Na fin de semana, os axentes tamén interviron en dous casos de condución baixo os efectos do alcohol, procedendo a instriur dilixencias e traslado ao xulgado de garda de dúas persoas.
O primeiro dos investigados producíase na Avenida de Vigo en Chapela logo de darlle o alto a un vehículo nun dispositivo conxunto entre a Policía Local e a Policía Nacional.
No segundo caso, os axentes localizarían un vehículo na zona de Saxamonde, na estrada N550, que se atopaba apagado, sen luces e sen ningún tipo de sinalización da súa presenza na vía. Na súa contorna estaban tres persoas deambulando sen portar ningún elemento reflector. A condutora do vehículo, segundo ela mesma declarou, deu un resultado positivo na proba de alcohol polo que é investigada por un delito contra a seguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará