Hoxe é Martes 19 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez empresas de Redondela acollen as estadías formativas de 16 mozos e mozas

emprearios

Un total de 16 persoas mozas comezaron as estadías formativas nas empresas. Son 10 empresas colaboradoras, dun total de 23, as que darán acollida inicialmente as persoas beneficiarias desta edición do Programa Mentoring promovido pola Asociación de Empresarios de Redondela. Este importante número de empresas permite contar con unha gran variedade de postos que se adaptan aos distintos perfís das persoas participantes e incluso poder estruturar programas formativos complementarios en varias empresas.
As estadías formativas terán unha duración de tres meses e buscan a formación práctica en centros de traballo. Este programa supón unha gran oportunidade para as persoas participantes que lles permite ter acceso directo as empresas dos principais sectores estratéxicos de Galicia e as empresas chequear a idoneidade das persoas candidatas.
A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha esta segunda edición despois de acadar a máxima puntuación, e avalada polos resultados da edición 2023.
Entre as empresas colaboradoras atópase Peter Taboada S.L. entidade que na edición anterior inseriu ao 100% dos traballadores que realizaron a estadía formativa nas súas instalacións. Unha empresa que foi elixida pola Directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses, para inaugurar a edición do programa mentoring deste ano salientando a traxectoria dunha empresa especialidade dende 1979 no deseño, fabricación e comercialización con tecnoloxía propia de sistemas de tratamento e purificación de auga para os sectores naval, industrial, hospitalario e hoteleiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará