Hoxe é Mércores 20 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociacións culturais e centros parroquiais reciben 55.000 euros para financiar actividades e gastos correntes

recreativo cedeirra

O Concello de Redondela ven de aprobar dúas partidas económicas destinadas a sufragar gastos das diferentes entidades culturais que funcionan no municipio. As subvencións concédense en base a dous conceptos: os gastos correntes de cada entidade e a organización de actividades diversas orientadas á veciñanza.
No primeiro dos casos a partida total ascende a 32.254 euros e repartirase entre 15 asociacións culturais, veciñais e centros parroquiais. As axudas máis elevadas ascenden a tres mil euros, cantidade que lles foi concedida aos centros sociais de Cedeira, Cesantes, Vilar de Infesta, Chapela e Cabeiro. Mesma partida é a que se lle concede tamén a Asociación de veciños de Saramagoso.
Por outra banda, establécese unha partida de 23.460 euros que se repartirá entre 16 asociacións co obxecto de sufragar as actividades culturais que realizan ao longo do ano. Son subvención que permiten as asociacións e tamén aos centros culturais organizar actividades tales como informática, inglés, gaita e percusión ou baile moderno, entre outras, neste caso as contías máis elevadas foron para o Centro Cultural e recreativo de Redondela con 2.380 euros para financias as clases de ioga e pilates e para o Círculo Cultural de Chapela a quen se lle conceden 2.228 euros para o financiamento da biblioteca e a organización do campamento náutico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará