Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Samartim reinterpreta a lenda da Coca no poemario “O livro do dragom”

roberto samartim

O redondelán e profesor da Universidade da Coruña, Roberto Samartim, presenta o seu primeiro poemario que leva por nome “O livro do dragom” no que resignifica a lenda da Coca de Redondela. A presentación do libro, organizada pola Asociación Alén Nós, terá lugar na casa da cultura este xoves 21 de novembro ás 19:00 horas.

A publicación teste título inaugura a colección Álfama Árvores e livros da Companha Editora que pretende editar un número reducido de títulos por ano en pequeno e coidado formato, apostando pola calidade gráfica e por unha posición crítica. O livro do dragom convértese no primeiro poemario de Roberto Samartim no que o profesor da Universidade da Coruña (UDC) resignifica a lenda do dragón de Redondela, nunha viaxe en tres momentos con varias voces que presentan ao lector unha proposta alternativa á máis popular na que se estrelazan o poético e o político

O autor tenta tamén que esta historia supere o local e sexa lida como algo “máis xeral e máis comunal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará