O Redondela FS leva bo ritmo neste comezo de tempada con dez xornadas da primeira volta xogadas. Sitúanse nestes momentos como líderes da liga en Preferente e o seu obxectivo sería chegar a fase de ascenso, ao igual que fixeron o ano pasado.
Esta posición é gracias aos bos resultados durante os últimos tres meses e especialmente á última vitoria contra o Beade Coprefi que lles permitiu subir un escalafón. Rola, o adestrador, explica que foi un partido emocionante e coplicado “porque nunha liga como esta todo pode pasar e hai moi bo nivel”. Comezaron liderando o partido, pero as cinco faltas que recibiron condicionaron á segunda metade e aínda así puxeron o marcador nun 4-2 no Pavillón de A Marisma.
O técnico fai un balance positivo da tempada, cun equipo composto por xogadores novos. Isto o considera “un punto forte polo bo momento físico dos deportistas, pero sinala como punto débil “a falta de experiencia dalgún deles”.
O sénior apoiase moito nos xuvenís e cadetes que están demostrando a súa valía nas categorías máis altas. Concretamente, o club vén de anunciar a convocatoria para a selección galega dos seus xogadores Nico Cuello do Xuvenil División de Honra “Rodavigo” que xogará na selección Sub-19 e Adrián Vallejo do Cadete Galega “Maramar” que xogará coa selección galega Sub-16 no Campionato de España que se celebra en Burela. Rolan augura “un futuro prometedor para a base do Redondela FS”.
O obxectivo do ascenso complícase este ano. Cambiaron as normas e, se o ano pasado podían chegar ao Play-off cinco equipos, agora só poden enfrontarse nesta fase o segundo e terceiro clasificado e o primeiro ascendería de forma directa.
A competitividade é grande e a diferenza de puntos entre equipos é moi axustada. Os sete primeiros están a só tres puntos de diferenza entre eles, algo que o adestrador considera “bonito porque lle dá emoción”. Deberán defender o seu liderado na vindeira semana no campo do Vianariño, equipo situado tamén nos postos altos da táboa a un punto dos de Redondela e situados de quintos na táboa xeral.