Hoxe é Xoves 10 de Abril de 2025

Detido un veciño de Chapela por venta de drogas en distintos puntos de Redondela e Vigo

menudeo

A Policía Nacional detivo un veciño de Chapela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, por dedicarse supostamente á distribución de estupefacientes polo miúdo tanto nesta parroquia como na área de Vigo.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación comezou por mor de informacións recibidas sobre un home residente en Chapela que se estaría dedicando á venda de drogas a pequenas escala. A policía puido constatar que o sospeitoso realizaba as transaccións desde o seu vehículo.

O home quedaba cos compradores en distintos puntos de Redondela e Vigo, e entregáballes a mercadoría, ás veces haxix e ás veces cocaína, sempre en pequenas doses. O sospeitoso facíao a través do portelo do coche, ou no interior, nun breve lapso de tempo no que o cliente entraba no vehículo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: