Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 270.000 euros para renovar o Camiño das Ánimas en Chapela e a estrada Outeiro en Reboreda

obra camiño carambola

Mellorar a seguridade vial, a mobilidade e evitar inundacións de vivendas e garaxe é o obxectivo das dúas obras xa adxudicadas e que suporán un investimento de 107.000 euros para o arranxo do Camiño das Ánimas en Chapela e 165.000 euros na renovación da estrada Outeiro en reboreda. Dúas actuacións que se suman a outras intervencións de menor envergadura que a Concellería de Infraestruturas realizou no camiño da Bruxa en Chapela, no camiño da Feixa en Reboreda, na rúa Carballiño de Cesantes e no camiño da Carambola en Reboreda, onde tamén se ampliou o ancho da vía.

A actuación no Camiño das Ánimas en Chapela contempla a súa pavimentación cun investimento de máis de 107.000 euros que buscan mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nunha zona moi complexa e perigosa polo gran desnivel que presenta. Os traballos, adxudicados á empresa Vale S.L. xa arrancaron e deberían estar rematados no inicio do vindeiro ano.

Tamén na estrada Outeiro trabállase nun tramo de máis dun quilómetro con renovación do pavimento e a mellora da drenaxe cunha nova rede de recollida de augas pluviais que evitará a acumulación de auga nas épocas de chuvia que ten provocado inundacións nalgunhas vivendas e garaxes. Neste caso o contrato das obras adxudicouse á UTE Oresa-Covisa por un importe superior aos 165.000 euros.

A concellería de Infraestruturas tamén está a realizar traballos de mellora en varios camiños de diferentes parroquias, actuacións que están a acometer os propios operarios municipais. No caso de Santo Estevo de Negros as obras de mellora corresponden ao camiño do Viñal, en Cesantes son na rúa Carballiño no cruce co camiño de Cociña Aberta, e en Cabeiro no camiño Peiteados. Estes traballos súmanse aos que se están a facer esta semana na rúa do Hospital, ao carón de cemiterio dos Eidos,no centro de Redondela, onde se renovou a rede de recollida de augas pluviais.

Tamén se farán esta semana reparacións nun tramo da rúa Campo das Redes. Antes de que remate o ano acometeranse obras de mellora no camiño do Campiño, en Cabeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará