Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Pazos acusa á oposición de bloquear investimentos claves no concello

concello pazos

O goberno que preside Luciano Otero amosa a súa indignación logo de que a “alianza entre PP e PSOE” impedira aprobar no pleno celebrado este luns un investimento de 145.444 que debían ser destinados a gastos urxentes e servizos. Aseguran dende Alternativa Veciñal que estes fondos quedan bloqueados a non aprobar o pleno os investimentos previstos.

Aseguran dende o goberno local que o vivido no pleno do luns “deixou clara a falta de compromiso dalgúns grupos políticos co benestar da veciñanza. Desde o primeiro minuto, o candidato do PSOE, Anselmo Táboas, que máis parece do PP que do seu propio partido, atacou ao alcalde afirmando que non actúa democraticamente por ter adiantado o pleno dous días”.

Luciano otero xustificou o cambio de data adiantando o pleno do mércores para o luns “porque había uns prazos que cumprir para poder usar os 145.444,71 € que debían ser destinados a gastos urxentes e servizos. Se non se aprobaban xa, os tempos legais impedirían o uso deses fondos”.

Engaden que o bloqueo destes fondos supón que non se poderán usar en actuacións previstas destinadas a mellorar a iluminación pública, desbroce de camiños municipais e mantemento das rúas, reparación e mantemento de edificios municipais como o Centro de Saúde e o colexio ou o apoio a actividades culturais e festas parroquiais.

Conclúe Otero afirmando que “non sorprende que o PP, na súa liña habitual, bloquee estas medidas, pero que o PSOE, liderado por Anselmo Táboas, se preste a esta estratexia, é inaceptable. Está claro que lle importa máis atacar ao alcalde que atender as necesidades reais da veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará