O alumnado traballador da especialidade de Xardinería e Agricultura ecolóxica do obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” foi o encargado de transformar as rotondas de Vilavella e Vilar de Infesta.
Tanto os participantes desta especialidade como os de “Carpintería de Ribeira” están a piques de rematar a súa formación e comezarán a busca de emprego. O Concello lembra ás empresas destes sectores que se precisan facer contratacións “aquí poden atopar persoal moi cualificado”.
As actuacións realizadas desenvolvéronse nas rotondas nas que conflúe a N-550 e N-555, punto que recibe milleiros de peregrinos. A glorieta conta agora cun deseño axardinado. A outra intervención realizouse en Vilar de Infesta, na N-555. Nos dous casos son obras de interese municipal coas que os participantes acadan o Certificado de Profesionalidade de “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns ecentros de xardinería”.