Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diego Ricón Herbello gaña o certame de fotografía do Obradoiro

obradoiro-cartel

O participante acadou o premio á mellor instantánea con “Curvas de nai” e, xunto o resto de premiados, recibirá o galardón este sábado 30 de novembro (18:00) na gala de entrega de premios que se celebra no círculo cultural de Cesantes. A imaxe elixida resultou gañadora entre as preto de 200 obras presentadas.

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy salienta a calidade das fotografía presentadas nesta XIX, imaxes que quedarán a partir desde sábado en Cesantes nunha motra itinerante que pasará polos diversos centros culturais de Redondela.

Diego Ricón Herbello obtivo o premio á mellor fotografía coa peza “Curvas de nai”. Unha imaxe parcial dunha muller co seu fillo e que conquistou ó xurado composto polos profesionais do audiovisual Thomas Schwarz, Bibiana Outón, Efrén Pérez e Ignacio Pérez, que estivieron acompañados polos presidente do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, José Antonio Martínez.

Cadro de galardóns:

Premio a mellor á fotografía: Diego Ricón Herbello. Título: “Curvas de nai”

1º Premio Categoría Adultos: Mónica Vila Ferreirós. Título: “Salinas”

2º Premio Categoría Adultos: Guadalupe Rodríguez Vázquez. Título: “Amencer entre a néboa”

3º Premio Categoría Adultos: José M. Máiquez Mijares. Título: “Los juegos del agua”

1º Premio Categoría Xuvenís: Pablo Falgueiras Casarejos. Título: “Tea”

2º Premio Categoría Xuvenís: Rita Queimaliños Estévez. Título: “Lusco Fusco”

A gala será este sábado no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes nunha xornada na que se realizará unha homenaxe a un dos colectivos da parroquia e tamén a actuación musical do grupo de gaitas “Estreito de Rande”. A idea é ter unha día de recoñecemento para os gañadores, pero tamén para todos os participantes que poderán ver as súas imaxes expostas no salón principal do centro cultural e tamén intercambiar impresións sobre as obras presentadas e o ollo particular de cada un dos fotógrafos. O acto será o inicio dunha exposición itinerante que pasará polos diversos centros culturais do concello para alcanzar a maior difusión posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará