Foto de Patry Rivas
SAR RODAVIGO – ASMUBAL MEAÑO (33-38)
A Bombonera vibrou este sábado cun apaixonante derbi galego en DHPF repleto de intensidade e emoción. O Asmubal Meaño comezou con forza, marcando o ritmo do partido e logrando unha vantaxe notable nos primeiros minutos (8-14, min 18). Con todo, as mozas da SAR Rodavigo non tardaron en responder, mostrando carácter e reducindo distancias antes do descanso para manterse na pelexa (18-19, min 30).
Na segunda metade, o encontro converteuse nun toma e daca constante, con ambos os equipos entregándose ao máximo en cada xogada. Aínda que as locais dérono todo, as visitantes souberon manexar mellor os momentos cruciais, levándose o triunfo cun marcador final de 33-38.
Un derbi emocionante que, segundo a directiva, “deixa boas sensacións para os retos que veñen”. A SAR Rodavigo manténse no noveno posto da clasificación xeral con nove puntos, catro partidos gañados, cinco perdidos e un empate. A próxima semana viaxarán a Madrid para medirse ao BM Getasur.
Primeira Autonómica Feminina
BM CHAPELA – BM XALLAS (22-29)
As mozas de Primeira Autonómica do BM Chapela perderon na casa contra o BM Xallas. O rival leva dúas xornadas seguidas gañando e saíron moi intensas e convencidas do seu traballo decisivo, polo que non foi fácil para as beretes. As locais están no último posto da clasificación e moi necesitadas de puntos, xa que aínda non conseguiron sumar.A próxima xornada visitan ao Lavadores , un dos favoritos da liga e situado de segundo.
Segunda Autonómica Feminina
AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA – SAR BLUENEWABLES (22-31)
As Choqueiras de Redondela continúan de pechacancelas do seu grupo, aínda sen sumar puntos despois da derrota desta fin de semana contra a SAR. Aínda que estamos no comezo da tempada e queda moito por loitar, polo que seguirán intentando escalar na táboa o próximo fin de semana contra o BM Caselas. Pola súa banda, a SAR BLuenewables sube un chanzo gracias a esta vitoria e sitúanse de quintas no grupo. A próxima xornada reciben ao Lavadores B.