Hoxe é Luns 2 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ofensiva do PP contra o “taxazo” do lixo

lixo redondela

Os populares convocan aos comerciantes, veciños e veciñas a unha reunión que terá lugar na xornada de hoxe luns na casa da cultural ás 20:15 horas para informar da “suba escandalosa” da taxa do lixo en Redondela así como das alegacións que teñen previsto presentar contra este incremento que foi aprobado en pleno.

Os popular explican que as novas tarifas que se van aplicar no vindeiro ano prexudican especialmente ao sector do comercio polo que presentarán propostas de alegacións que buscan frear este incremento fiscal.

O encontro, que terá este luns 2 de decembro ás 20.15 horas na Casa da Cultura contará coa presenza do voceiro municipal, Javier Bas, e doutros concelleiros do grupo municipal e na mesma tamén se fará entrega dun boletín informativo monográfico sobre esta cuestión elaborado polo PP local no que se especifican os incrementos que terán que afrontar os negocios en virtude das sñyas caraterísticas.

Javier Bas explicou que a ordenanza coas novas taxas acaba de ser aprobada de xeito inicial en pleno cos votos de PSOE, BNG e AER e cualificounas de “desorbitadas e fóra da realidade”, posto que aplican unha suba media do 165% aínda que, no caso específico do comercio, moitos contribuíntes, dependendo da súa actividade ou da súa superficie, padecerán un incremento por riba do 300%.

Asegura que se trata dunha medida “confiscatoria, propia doutros réximes que, por desgraza, se parecen moito ao goberno que padecemos en Redondela, e que ademais vai ter un efecto económico terrible sobre o noso comercio, que é un sector que consideramos estratéxico e imprescindible pola xeración de riqueza e emprego, porque nos nutre de produtos de gran calidade e bo prezo e porque ademais é o que lle da vida ás nosas rúas”.

Cadro elaborado polo PP para explicar os prezos das novas tarifas do lixo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará