Hoxe é Mércores 4 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os axentes turísticos lamentan os atrancos para xestionar visitas á illa de San Simón

illa

O sector súmase ao Concello para demandar a xestión directa de San Simón. Aseguran que desde que a illa pasou a formar parte da Fundación Museo do Mar de Galicia os trámites para solicitar visitas complicáronse e demóranse durante semanas. Entenden que recuperar a Fundación Illa de San Simón serviría para axilizar os trámites administrativos relativos ás actividades na illa.

A concelleira de Turismo, Rita Pérez Táboas, reunise con empresarios e empresarias do sector para valorar o potencial de turismo cultural en Redondela. Na xuntanza participaron axentes de diferentes áreas, como guías turísticos, axencias deviaxes, empresas de turismo de natureza ou turismo náutico. O maior problema para todos eles é “a complexidade para poder xestionar visitas á illa de San Simón”.

Rita Pérez Táboas, concelleira de Cultura e Turismo

No ano 2022 a illa pasou a formar parte da Fundación Museo do Mar de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. Desde entón “os trámites complicáronse e demóranse durante semanas”. Existe un “profundo malestar” no sector porque teñen “moitas dificultades” para organizar actividades na illa. A edil de Turismo lamenta que existan tantos problemas “ata para contactar por teléfono ou correo electrónico cos responsables da xestión da illa”.

Tanto as empresas como o propio Concello demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón “para facilitar e axilizar todos os trámites administrativos relativos ás actividades na illa”. Lembran que o acceso ao recinto xa está limitado ao facerse unicamente en barco. Os axentes turísticos advirten que, organizar visitas con peregrinos debe facerse de áxil e “non se pode agardar semanas para obter un permiso”.  Pérez Táboas salienta que actividades como as visitas guiadas á illa, as rutas de turismo ambiental pola enseada ou os deportes náuticos “son excelentes exemplos de turismo de calidade que queremos promover, lonxe do turismo de masas” apostando por un turismo cultural e de natureza, que pon en valor o patrimonio histórico,industrial e ambiental do municipio. A illa de San Simón, a enseada e toda a súa contorna teñen un gran potencial para este tipo de turismo respectuoso e sustentable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará