A Federación de Anpas repartirá un total de 1600 imáns-pizarras nos centos educativos dos concellos de Redondela e Pazos dentro dunha iniciativa que, baixo o lema “porque as lavadoras tamén teñen dereito a ter varios xefes” busca promover a corresponsabilidade familiar.
Esta actividade pretende fomentar a igualdade, a colaboración e, sobre todo, o sentimento de equipo dentro da casa. Dentro da campaña repartiranse en todos os centros escolares públicos de infantil e primaria de Redondela e Pazos un imán-calendario-pizarra para axudar as familias na organización do día a día de maneira divertida. En total repartiranse 1600 imáns co seu correspondente rotulador. O obxectivo principal é fomentar a colaboración entre as familias, promovendo unha distribución equitativa das tarefas domésticas e animándoas a desfrutar de máis tempo de calidade conxunto. Ademais, búscase que sexa dunha forma divertida, co fin de facilitar a aprendizaxe e a participación activa de todas as persoas implicadas.
O programa conta co apoio e colaboración dos Concellos de Redondela e Pazos de Borbén e tamén se encadra no marco do Programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas ANPAS, que conta co financiamento da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e desenvolvemento do Plan Corresponsables.