Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno renuncia á festa de fin de ano e centra a programación de Nadal no público mais novo

acnedido luces 2023

O acendido das luces congregou centos de veciños e veciñas o ano pasado

Unha programación familiar “pensada para todos os públicos pero sobre todo nos cativos e cativas” que arranca este xoves ás sete da tarde cun pasarrúas polo centro da vila, que dará paso xa ás oito ao tradicional acendido das luces de Nadal que supón o pistoletazo de saída dunha programación que se prolongará ata o 5 de xaneiro cunha Cabalgata de Reis que anuncia sorpresas.

O acendido, que terá lugar este xoves véspera da ponte de decembro ás 20:00 horas, chegará precedido do espectáculo “Meninas”, un pasarrúas da compañía Yera que percorrerá o centro da vila a partir das sete. Marionetas xigantes tipo “Menina”, acompañadas de música creada especialmente para a ocasión serán as encargadas de animar os minutos previos a un acendido. A Coca Simona será outra das protagonistas da xornada. O percorrido deste espectáculo itinerante comezará na Praza de Ribadavia.

A iluminación de Nadal “estenderase por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto”.

Rita Pérez, concelleira de Cultura

A Concelleira de cultura e turismo, Rita Pérez, salienta tamén dentro desta programación o ciclo de teatro infantil que busca “levar a cultura as parroquias e promover o galego entre os máis pequenos” motivo polo que as actuacións achegaranse aos centros culturais para tentar chegar a todos os cativos e cativas. Tamén pensando na rapazada Papá Noel visitará as Alamedas de Redondela e Chapela. Este II Ciclo Infantil Interparroquial “Queremos galego” celebrarase do 22 de decembro ao 4 de xaneiro cun total de nove funcións en diferentes localizacións do municipio. Entre os artistas participantes estarán Brais das Hortas, Ártika Teatro, Pakolas, Animar-T, Peter Punk e Os Bolechas, entre outros.

A edil adianta tamén unha “cabalgata diferente” na que non faltarán as carrozas tradicionais pero na que haberá novidades.

Neste ano o goberno local renuncia á celebración da verbena que si se ten celebrado en anos previos “imos arrimarnos máis as actividades culturais e pensadas para o rapaces e rapazas, preferimos apostar por unha programación máis orientada ao público familiar e descartamos esa cita puntual que supón ademais un esforzo económico importante”.

Si haberá festas para o público infantil e familiar na Praza da Constitución en Redondela o día 31 de decembro con Paco Nogueiras. Será ás 11.30 e en caso de choiva a festa desprazarase ao Multiúsos da Xunqueira. En Chapela a Festa Pre Fin de Ano infantil será na Alameda Rosalía de Castro tamén o 31 de decembro amenizada pola Disco Móbil de Nadal ás 12.00 horas, en caso de choiva a actividade realizarase no Multiúsos de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará