Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esquiva a destrución de emprego en novembro

hostalaría

Galicia perdeu 2.255 empregos en novembro polos recortes en hostalaría e administracións. Unha caída nos contratos que se deixa sentir tamén nos concello de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos que suman tres meses consecutivos de datos negativos. Non así o concello de Redondela que, logo de dous meses sumando desempregados, contabilizou ao longo do pasado mes un descenso nas listas do paro con doce persoas menos buscando traballo.

Novembro é tradicionalmente un mal mes para o mercado laboral. De feito, dende o 2008 os datos constatan un baixón no número de ocupados en Galicia, algo que se repite tamén neste 2024. A comunidade contabiliza un total de 1,081 millóns de afiliacións á seguridade social tras perder2.255 empregos. Unha situación que responde principalmente a caídas dos contratos estacionais realizados durante a tempada do verán contabilizándose na hostalaría 2.800 traballadores menos respecto ao mes de outubro. Tamén caída do emprego nas administracións públicas con 1.372 contratos menos.

Na nosa contorna os datos publicados onte pola Consellería de Emprego apuntan a un descenso no número de desempregados en Redondela ao darse de baia das oficinas 12 persoas o que deixa un cómputo total de 1,533 persoas en situacións de busca de emprego.

Pola contra o número de persoas en paro sobe en Soutomaior por quinto mes consecutivo con 451 veciños e veciñas inscritas, sete máis que no mes anterior. Mesmo comportamento en Pazos de Borbén con 175 persoas desempregadas (dez máis respecto a outubro) e Fornelos de Montes que suma 11 persoas e contabiliza 117 desempregados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará