Aparatoso accidente o que acontecía na mañá de hoxe na N-552 en Cedeira. A colisión entre un camión e un turismo todoterreo producíase ao redor das 9:30 horas e provocou importantes retencións durante máis dunha hora nunha estrada con moita afluencia de tráfico. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.
O choque entre ambos os vehículos produciuse logo de que o turismo, que viña en sentido Redondela, colidise lateralmente contra o camión. Un accidente que non provocou feridos pero si deixou importantes retencións na estrada que comunica Redondela con Vigo. Cortouse o tráfico debido a presenza na vía de carburante procedente dos vehículos sinistrados.
Ata o lugar trasladáronse efectivos da Policía Local, axentes da Garda Civil de tráfico e operativos de conservación de estradas para intentar regular a circulación e despexar a zona. Tamén se personou no lugar unha ambulancia que afortunadamente non foi precisa.
O tráfico normalizouse ao redor das 11 da mañá.