Hoxe é Xoves 19 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós insta ao concello a rematar coa deturpación dos nomes das vías e camiños de Redondela

alen nos

O colectivo cultural insta ao goberno local a cumprir o seu compromiso e introducir os cambios necesarios de cara a corrixir as anomalías e incorreccións que presenta a actual sinaléctica dos vieiros. Uns erros que están recollidos nun informe elaborada pola propia asociación e que xa lle foia trasladado ao concello. Alén Nós confía en que as correccións sexan acometidas ao longo do ano 2025.

Alén Nós leva anos facendo a mesma reclamación: que se acometa a corrección de todos os erros detectados na toponimia das parroquias, particularmente na de Reboreda. A súa demanda pasa por retirar aqueles letreiros nos que camiños ou lugares está incorrectamente identificados así como corrixir aqueles outros nos que se teñen cometido graves erros no traslado do nome orixinal ao que finalmente aparece no rótulo.

Uns erros que se remontan ao ano 2010, cando o Concello de Redondela comezou un proceso de rotulación dos nomes dos vieiros do municipio que incorreu en numerosos erros. A parroquia máis afectada foi a de Reboreda, xa que había un traballo de rotulación previo, do ano 2000, realizado pola Sociedade Cultural de Reboreda e respaldado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, sobre o que se cometeron numerosas deturpacións posteriores con esa rotulación posterior.

A asociación Alén Nós foi recollendo todos os erros ao longo dos anos e presentándollos ao Concello chegando incluso ao pleno, no que se aprobou por unanimidade unha moción na que se solicitaba a corrección de todas as deturpacións. Ata a actualidade, explican, este acordo plenario non foi executado nin se realizou ningunha corrección nos erros dos nomes dos vieiros.

Aseguran que xa no ano 2019, o goberno presidido por Digna Rivas, comprometeuse a corrixir ditos erros, compromiso que non se cumpriu polo que a Asociación volveu trasladar a mesma petición no inicio do seu segundo mandato en 2023.

Para facilitar este traballo a asociación elaborou un informe completo de todas anomalías e incorreccións e do estado de conservación da actual sinalética dos vieiros realizado de forma detallada con achega de fotografías e xeolocalización de todas e cada unha das correccións que era necesario levar a cabo.

Este informe foille entregado ao Concello no mes de setembro de 2024 e a asociación agarda que serva para que o goberno local acometa o seu compromiso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará