Hoxe é Xoves 19 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio de Soutomaior engalánase polo Nadal

concello souto

A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña,  fixo entrega dos adobíos de Nadal entre os comerciantes e hostaleiros do concello a quen se lles entregou tamén os Tickets do sorteo Nadal no Peto que repartirá 1500 euros repartidos en quince premios de 100 euros que se sorteraán entre aquelas persoas que fagan unha compra ou unha consumición nos locais de proximidade. Un Nadal que arranca oficialmente co acendido das luces o vindeiro sábado en Talo Río.

O Concello de Soutomaior pon en marcha o programa “Eu quero local” convidando a hostalería e comercio a dar visibilidade aos seus establecementos. Por unha banda os establecementos locen xa unha imaxe común a cargo das florerías do concello que se encargaron de elaborar motivos festivos que se instalaron en  cada un dos locais.

Por outra banda arrancou a campaña o Nadal no Peto que ten como obxectivo incentivar o gasto no comercio e hostalería local. Dende o concello destinarán 1500€ repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20€ nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde hoxe ata o 6 de xaneiro de 2025, ambos incluídos). As persoas que participen na mesma deberán depositar as tarxetas nas caixas de correo localizados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e Centro municipal de maiores (Talo Río). 

Lembramos que o  Nadal de Soutomaior dará comezo este sábado 7 de decembro co acendido das Luces, unha cita para a que dende o Concello contarán coa colaboración especial da Asociación de Diversidade Funcional. A cita inclúe concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, un Karaoke para o desfrute dos e das máis peques da casa e chocolatada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará