Hoxe é Xoves 19 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rita Pérez, concelleira de Facenda: “O obxectivo é aprobar os orzamentos no primeiro trimestre do 2025”

rita pérez

Foto: Marcos Santos

A concelleira de Cultura e Turismo, persoal e interior vén de asumir tamén un dos departamentos máis complicados do concello: o de economía e facenda. Márcase como reto aprobar os orzamentos no primeiro trimestre do vindeiro ano malia recoñecer o complicado deste obxectivo para un goberno en minoría. Comprométese a “sentar co resto dos grupos para negociar un documento económico que garanta as necesidades de veciños e veciñas”.

Redondela traballa con orzamentos prorrogados dende 2022. Unhas contas desactualizadas que se viron ademais afectadas de cheo por un incremento de prezos consecuencia tamén de feitos internacionais como a guerra de Ucraína.

Ante esta situación a nova edil de Facenda, Rita Pérez (quen vén de substituir nese departamento ao edil Antonio Cabaleiro trala última remuda no goberno) entende imprescindible aprobar un novo orzamento para o 2025 que se axuste a realidade. A súa intención é aprobalo cando antes “se pode ser en febreiro mellor que en marzo”. Asegura que xa está feita a parte “política” pero non se pode avanzar mentres non se teña enriba da mesa a parte “técnica” na que estea ben definido as partidas coas que se conta para cada departamento e determinar xa os investimentos concretos. Ese trámite demorouse debido á falta de Interventor no concello, posto que se ven de cubrir hai tan só uns días.

A continuación chegará o proceso máis complicado: acadar o número de votos suficientes para que o orzamento saia adiante e para iso non lle basta ao PSOE con sumar o voto do seu socio de goberno, o edil de AER. Necesariamente deberá convencer  a algún grupo da oposición. Practicamente descartado contar co apoio do PP, deberán traballar para acadar o respaldo dos edís do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará