Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco recupera forza e suma tres puntos importantes na casa

WhatsApp Image 2024-12-09 at 12.56.53

O CD Choco volve á senda da vitoria tras impoñerse por 3-1 ao Porriño Industrial FC na súa casa, nun encontro moi disputado. Con esta vitoria, o equipo choqueiro segue a súa recuperación despois de vencer tamén ao Cultural Areas na xornada anterior, o que lles permite escalar posicións na táboa.

Preferente

CD CHOCO  PORRIÑO INDUSTRIAL FC (3-1)

No partido disputado este domingo no Campo Municipal de Santa Mariña,  o Porriño Industrial FC  visitaba un Choco con moitas ganas de sumar os tres puntos.

A primeira parte estivo moi igualada, con ambos os equipos xerando un par de ocasións claras. Con todo, foi o rival quen conseguiu aproveitar unha das súas, mentres que o equipo non logrou concretar. En xeral, foi un primeiro tempo discreto por parte de ambos os conxuntos.

Na segunda metade, o gol do empate temperán pareceu dar un impulso ao equipo, que a partir dese momento mostrou unha clara superioridade. Xeráronse numerosas ocasións claras de gol, como un man a man de Jonas, unha oportunidade de Carames e unha xogada na que Lucas deixou a Graña só fronte ao porteiro, aínda que non puido definir. En liñas xerais, o equipo dominou por completo o segundo tempo, o que fai que o resultado final sexa considerado xusto.

Goleadores: Francisco (50’), Jonás Caride (55’), Alejandro (80’).

Primeira Galicia

S.D. VALIÑO – C.D. ARCADE (1-2)

O C.D. Arcade, terceiro clasificado, logrou unha vitoria vital ante o Valiño.

O encontro disputado no Campo de Cabo de Cruz foi unha dura batalla entre dous equipos que se atopan entre os mellores da competición. O Arcade, que se sitúa na terceira posición con 26 puntos, achegouse aínda máis ás primeiras posicións despois de superar ao quinto clasificado, o Valiño, que agora ocupa o sétimo posto.

O Arcade, que leva oito vitorias nesta primeira volta, segue demostrando a súa boa forma. O equipo de Serafín terá unha nova oportunidade para afianzarse na parte alta cando o Marín CF visite o Campo so Salgueirón no próximo domingo, un rival que está loitando por afastarse da zona de descenso.

Goleadores: Islam (45’) e Lucas (67’).

C.D. SOUTOMAIOR – C.D. RIBADUMIA  (1-1)

Empate para o C.D. Soutomaior, que suma un punto importante para escapar do descenso

A igualdade no marcador chega nun momento crítico da tempada para os de Raúl González, que loitan por afastarse da zona de descenso. Este empate, que non era o resultado máis esperado, serve para sumar e alonxarse un pouco máis dos postos perigosos. O gol do Soutomaior foi obra de Daniel no minuto 16, un tanto que puido haber sido clave, pero que non foi suficiente para manter a vantaxe. O Ribadumia logrou empatar, e o equipo local non conseguiu recuperar a súa vantaxe. Con este empate, o Soutomaior sitúase no posto 14 da clasificación e a próxima xornada visitará ao SD Valiño, un equipo complicado e con moita calidade. Cada punto é vital para o Soutomaior.

Goleador: Daniel (16’).

Segunda Galicia

O C.D. Atlético de Villar descansou

O equipo está a gozar dunha boa posición na táboa e aproveitará o descanso para recuperar forzas e preparar o seguinte encontro.

Terceira Galicia

Chapela CF tamén descansou

 O equipo sitúase a metade da táboa e, despois de varias xornadas de moito traballo, terá tempo para analizar as melloras necesarias antes de recibir ao Moledo CF na próxima xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará