Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE demanda a inclusión de Redondela na Fundación Museo do Mar de Galicia

Isla-de-San-Simon-01

Os socialistas de Redondela demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón “como entidade autónoma da Fundación Museo do Mar de Galicia.” Solicitan tamén á Xunta dotar á Fundación Illa de San Simón “de recursos e orzamento para mantemento, actividades e promoción da illa como espazo da memoria e como espazo de especial interese histórico”.

O PSOE levará ao próximo pleno unha moción para demandará Xunta de Galicia a inclusión do Concello de Redondela no padroado da Fundación Museo do Mar de Galicia. Xustifican esta petición na necesidade de que Redondela forme parte do órgano de administración e xestión das Illas de San Simón e de San Antón, mestres non se recupere a propia Fundación Illa de San Simón. Desde decembro de 2022, a xestión da illa depende da Fundación Museo do Mar de Galicia e o grupo socialista lamenta que nesta fundación “o Concello de Redondela non está representado nin integrado”. Sinalan que, sendo as illas parte do termo municipal de Redondela, “a administración municipal, como representación do pobo redondelán, debe ter presenza con voz e voto nos espazos onde se defina ou decida o futuro da illa”.

Reclaman tamén que a Illa de San Simón precisa dun ente instrumental “capaz de xestionar, con recursos suficientes e orzamento, o mantemento, actividades e promoción da illa de san Simón como espazo da memoria e como espazo de especial interese histórico” polo que demandan a recuperación da Fundación Illa de San Simón, “como entidade autónoma da Fundación Museo do Mar de Galicia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará