Hoxe luns comezan o traballos para a substitución de todas as marquesiñas de autobús na avenida de Redondela en Chapela cun operativo que arrancará no Alto da Encarnación, e continuará ao longo da semana en dirección Vigo ata o Centro de Saúde de Chapela. En primeiro lugar retiraranse as marquesiñas actuais e posteriormente instalarse as novas, seis en total. Os traballos prolongaranse ata a próxima semana.
Este renovación das marquesiñas pode provocar algunhas molestias puntuais no tráfico neste tramo da N-552, e a policía estará regulando a circulación do mesmo xeito que as obras de reparación que tamén hoxe luns arrancan na rúa Ernestina Otero, á altura do Mercado Municipal.
Por outra banda a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade acomete traballos de mellora de redes pluviais e asfaltado en varios camiños das diferentes parroquias e no casco vello de Redondela.
As reparacións xa concluíron nos camiños da Coutadiña e Campiño, en Cabeiro, no camiño Carballiño en Cesantes, e no Viñal en Santo Estevo de Negros. No Campo das Redes está rematado o primeiro tramo e nesta semana realizarán as obras na rúa Laxe e Ernestina Otero.
Segundo explica o edil Roberto Villar “trátase de obras que están a realizar os propios operarios municipais”. No caso de Santo Estevo de Negros as obras de mellora xa remataron no camiño do Viñal, e en Cesantes concluíron as da rúa Carballiño no cruce co camiño de Cociña Aberta. Tamén se realizaron obras de mellora nos camiños do Campiño e da Coutadiña, en Cabeiro. Estes traballos súmanse aos que sefixeron no casco vello da vila. É o caso da rúa do Hospital, ao carón de cemiterio dosEidos, onde se renovou a rede de recollida de augas pluviais.