Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Intelixencia Artificial sitúa Redondela como o mellor municipio para vivir dentro da área de Vigo

redondela

O ChatGPT, ferramenta de intelixencia dixital, destaca de Redondela a súa ubicación pola súa proximidade a cidade de Vigo e Pontevedra ao tempo que conta tamén con atractivos naturais na súa contorna, o feito de contar con bos servizos e as súas boas comunicacións. Características que a converten no lugar ideal para vivir de entre os concellos que conforman a área metropolitana de Vigo malia que non conte “cun gran abano de ofertas culturais” segundo a IA.

A ferramenta de IA indica que Redondela “é ideal se valoras un estilo de vida equilibrado, con boa conexión a unha cidade máis grande, pero sen o bulicio de vivir nela”. Redondela conta cunha situación estratéxica dentro da provincia, preto de Pontevedra e a un paso de Vigo, e está “ben conectada por tren e estrada” afirma IA. Este municipio é ponte entre o interior e a costa. Redondela ten un fermoso litoral con privilexiadas da ría de Vigo e tamén zonas de monte e sendeiros moi interesantes. O municipio ofrece todos os servizos, como colexios, institutos, centros de saúde e unha ampla oferta de comercio local.

A alcaldesa valora moi positivamente que Redondela se sitúa no número un deste ranking elaborado pola IA “xa que é unha mostra máis da gran calidade de vida que temos” pero amosa o seu descordo con esta ferramenta cando sinala que o noso concello “non e´a poción perfeta se necesitas un gran abano de ofertas culturais ou buscas unha vida máis cosmopolita”, xa que se este municipio destaca por algo é precisamente “por ser un referente cultural a nivel galego”. Rivas pon o acento en certames como o Festival Internacional de Títeres, a Festa da Coca, a do Choco, ciclos de teatro, concertos e unha ampla programación ao longo de todo o ano que tamén se estende ás diferentes parroquias. A rexedora advirte ademais que “practicamente toda a programación é de balde”, e pon en valor “o gran traballo de colectivos e asociacións que fan posible ter no municipio este gran tecido cultural”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará