Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP presenta no rexistro as alegacións contra a suba da taxa do lixo en Redondela

pp alegacións

O grupo municipal do PP de Redondela vén de formalizar a presentación de alegacións contra a suba das novas taxas da ordenanza de limpeza e recollida, transporte e tratamento de lixo, que foron aprobadas inicialmente en pleno cos votos de PSOE, BNG e AER e que supoñen un incremento medio do 165%.

O voceiro popular, Javier Bas, e varios concelleiros presentaron as súas argumentacións no Rexistro Xeral do Concello esta mañá alegando que se trata dun “asalto confiscatorio e desorbitado aos petos de veciños e comerciantes, que son os máis prexudicados”.

Anuncian que van tentar no pleno que se revogue o que cualifican de “incremento estratosférico” deste tributo, que se sitúa para o próximo ano 2025 en máis do 40% para as vivendas e que supera o 300% no caso de moitos comercios, negocios e outras actividades económicas “en moitos casos de xeito inxusto xa que se lles grava por unha xeración de residuos orgánicos que apenas producen polo propio contido do seu traballo e polos materiais que empregan para o mesmo”.

Explican que van “loitar ata o final coas ferramentas administrativas das que dispoñemos, facéndoo en primeira instancia ante o pleno, e co aval do sentido común, porque é inadmisible que a recadación desta taxa pase de 900.000 euros a case 2,5 millóns só para tapar os moitos buratos da errática xestión económica dun goberno socialista que segue tendo, ao peche do terceiro trimestre, 1,75 millóns de euros en facturas pendentes e que tarda, de media, máis de cinco meses en abonalas”, sinalou Bas.

Finalmente, o edil popular lembrou que hai moitas outras alternativas para sufragar os custes da recollida do lixo xerados polos novos impostos creados polo PSOE desde o Goberno de España, xa que moitos concellos, gobernados por diversas opcións políticas, como Poio, Pontevedra, Marín, Barro ou Vilaboa, van manter estas taxas conxeladas para o próximo ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará