A cita deportiva terá lugar o 28 de decembro a partir das 16:30 h. con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia única de 2km nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico. A inscrición debe formalizarse na páxina web do concello antes do 19 de decembro.
A Carreira Popular San Silvestre forma parte da programación do Nadal que organiza o Concello de Soutomaior, unha cita deportiva e festiva destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e os menores de 14 anos se van acompañados dun adulto durante o percorrido. Búscase tamén que sexa unha actividade inclusiva, polo que as persoas con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros entre a Alameda e a rúa Rosalía de Castro. A distancia da carreira xeral de 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico que arrancará en Talo Río e continuará por Rosalía de Castro, Xosé Solla, Cruceiro Calvario, Camiño do Ribeiro e regreso por Rosalía de Castro para rematar novamente na Alameda de Talo Río.
A organización establece un límite de 600 participantes, cifra á que confían chegar logo do éxito do ano pasado cando se convocou esta carreira popular por vez primeira e foron 450 as persoas inscritas.
Actividades complementarias
A xornada deportiva arrancará ás catro e media con exercicios de quecemento a cargo de Lucy Salsarrica. Logo da carreira haberá exercicios de estiramentos con Anima Ocio Miúdos. Rematada a entrega de premios e agasallos celebrarase unha festa final a partir das 19:00 horas coa animación musical a cargo de Olalla DJ.
Unha resposta
Se pode facer andando