Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descubrir e contar a historia de Redondela tamén ten premio

redondela investigada paulo

O Multiúsos da Xunqueira acolleu este sábado a entrega dos primeiros premios “Redondela investigada” convocada polos departamentos de Ciencias Socias e historia dos Institutos de Redondela. Entregáronse 7 premios e 2 mencións especiais a traballos realizados por mozas e mozos dos catro IES públicos de Redondela. Un certame que nace co obxecto de animar a mocidade a interesarse sobre o pasado local e mergullarse nunha historia moitas veces descoñecida.

A investigación alimenta a creatividade, a curiosidade, a reflexión e o coñecemento, así o salientou o profesor de historia Paulo Jablonski na entrega dos primeiros premios Redondela investigada, un certame que nace con vocación de continuidade e no que se puxo en valor o esforzo realizado polo alumnados dos institutos de Redondela á hora de realizar os seus traballos, así como o elevado nivel dos premiados.

Traballos que abordaron cuestións tan diversas como o deporte, os cargadeiros de Rande, a Illa de San Simón, a situación do galego, a pesca do choco, Regojo, etc. Traballos realizados en formato podcast e formato escrito. Estes últimos está previsto que vexan a luz a través dunha publicación do Concello de Redondela.

Un dos exemplos da calidade das investigacións realizadas está no traballo “A marea verde, Aproximación á historia da SAR” elaborado por alumnado de 4º de ESO do que o xurado destacou a súa estrutura, a utilización de diversas fontes históricas coma entrevistas, fondos fotográficos e bibliografía, salientando non só esa diversidade senón a forma de integrar a diferente información na redacción do traballo.

Unha das súas integrantes Alba Nieto, destacaba á hora de recibir o premio que o esforzo realizado para recoller información sobre o asunto investigado “serviu para aprender un pouco máis da nosa contorna e a xente que nos arrodea”. Agradeceu especialmente a “boa acollida” que tiveron por parte da directiva actual e pasada da SAR á hora de facilitarlles información e reunírense con eles.

A entrega de premios tivo lugar na mañá do sábado nun acto sinxelo e emotivo que se viviu no Multiúsos e no que non faltou a música de Marlom.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará