O Redondela FS demostrou a súa efectividade ao vencer por 3-5 ao Baiña F.S. e ascende á terceira posición na Preferente Futsal. Pola súa banda, o Pazos de Borbén FS logrou unha importante vitoria por 3-5 fronte ao Marín Futsal, situándose na quinta posición da táboa xeral en Terceira División. Noutros enfrontamentos, o Campito Chapela FS caeu por 2-3 ante o Beade MVMB Copefri, e o Arealonga FS Chapela empatou 4-4 no seu desprazamento ao campo do Balona Linense FS.
Terceira División Nacional
PRISMATEC MARIN FUTSAL – S.D. PAZOS DE BORBEN FS (3-5)
Vitoria do Pazos por 3-5 ante o Marín Futsal, que permite aos de Matilla situarse na quinta posición da táboa xeral.
O encontro destacou polo carácter e traballo dos xogadores, que souberon poñerse o mono de faena para sacar adiante un partido esixente. A pesar da falta de acerto en numerosas ocasións, que lles impediu sentenciar antes o encontro, o equipo mostrou unha gran solidez e non baixou a intensidade fronte a un combativo equipo morracense, que os fixo loitar ata o final.
Agradecen o excelente trato recibido polos amigos de Marín. Aseguran dende a directiva que “é un pracer ver pavillóns con tanta xente e cun ambiente tan positivo grazas á paixón compartida polos dous clubs”.
A xornada que vén toca clásico da Terceira. Reciben ao F.S. Carballiño.
Goleadores: Martin catro goles nos minutos 14’,14’, 29’ e 35’ e Eloy no minuto 23’.
Preferente Futgal, 2
BAIÑA F.S.- GRANICHAN – REDONDELA FS RODAVIGO (3-5)
Partido emocionante no que os anfitrións comezaron dominando, pero a efectividade do Redondela permitiulles levar os tres puntos. Con esta vitoria, o equipo redondelán ascende á terceira posición, empatado a puntos co segundo clasificado, o Pizarras Los Tres Cuñados F.S.
A próxima xornada reciben ao Vincios Gondomar F.S.
Goleadores: Juan (22’), Borja (23’), Mario (24’), Iker (27’), Borja (36’).
CAMPITO CHAPELA FS – C.D. BEADE MVMB Copefri (2-3)
Partido axustado no que o Campito Chapela deu a cara pero non puido evitar a derrota pola mínima. Con este resultado, o equipo sitúase na 11ª posición da clasificación.
A próxima xornada visitan a un dos favoritos, o Vianariño FS.
Goleadores: Pablo (3’), Eyasu (39’).
BALONA LINENSE FS – AREALONGA FS CHAPELA (4-4)
Empate traballado para o Arealonga FS, que segue como pechacancelas do grupo, pero logra sumar un punto importante tras un intenso duelo contra o Balona Linense FS.
Os xogadores do Arealonga comezaron dominando o encontro, pero na segunda metade os locais conseguiron empatar grazas a unha boa reacción.
A próxima xornada reciben ao Pizarras los Tres Cuñados FS.
Goleadores: Anton (1’), Tomás (17’), Fernando (19’), Robero (29’).