As xogadoras do Cesantes animando as súas compañeiras lesionadas durante o último partido
O CD Cesantes consolidou o seu liderado na Liga F-7 da provincia de Pontevedra tras vencer ao Moraña CF por 3-1, mantendo a calidade de invictas ata o de agora. As xogadoras do Cesantes, que aínda non perderon ningún partido, sumaron a súa cuarta vitoria consecutiva logo de dous empates.
As goleadoras do encontro foron Eva (10’), Gema (29’) e Lola (60’), que aseguraron os tres puntos para o seu equipo.
Pola súa banda, o Arcadia Escola de Fútbol vencía ante o CD Soutomaior por 2-1. As mozas de Soutomaior manteñen unha racha de dous partidos perdidos e situánse na cuarta posición. Goleadora: Sara (31’).
Na liga F-7 de Vigo, o partido entre o Chapela CF e o Tyde CF rematou cun empate 1-1. A xogadora Sofía do Chapela foi a autora do gol do seu equipo no minuto 7.