A gran recollida promovida dende a Fundación Banco de Alimentos de Vigo celebrada os pasados 22 e 23 de novembro recolleu só en Redondela preto de seis mil kilos. A nivel provincial superáronse os 325.000 kilos. A Fundación confirma que grazas a estas doazóns terán comida básica nas súas estanterías ata a primavera do 2025 e agradecen a resposta social ante este chamamento.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos conseguiu en Redondela case 6.000 quilos de comida doada durante a Gran Recollida celebrada os pasados 22 e 23 de novembro. A cifra forma parte dos 325.000 quilos recadados a nivel provincial e son o resultado logrado despois de semanas recibindo na nave de Lavadores todos os alimentos físicos entregados previamente aos voluntarios e voluntarias da marea azul, así como, despois de contabilizar tanto as doazóns realizadas nas caixas dos supermercados como as achegas comprometidas, tamén, por parte das cadeas de alimentación participantes.
O Banco de Alimentos garantirá así o abastecemento da 153 ONG e entidades sociais ás que atende todos os meses, ou o que é o mesmo, seguirá arroupando a unhas 20.000 persoas vulnerables na provincia.
Agradecen especialmente a colaboración e as achegas dunha cidadanía que respondeu á chamada da Fundación nunha situación máis complicada, sobre todo, porque xa fixeran un esforzo solidario coas zonas afectadas pola DINA. Lembran que esta recollida levouse a cabo tan só unhas semanas despois da traxedia de Valencia e “lonxe de influir negativamente nos resultados, axudou a superar o obxectivo máis que ambicioso que se marcada o Banco de Alimentos”. Una marea azul amadriñada por Diana Nogueira e que contou coa colaboración de 2.000 voluntarios mobilizados en máis de 130 supermercados dunha treintena de localidades de toda a provincia de Pontevedra.