Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mercado solidario de Nadal en Redondela

mercadonaddal

A praza da Constitución acollerá esta fin de semana un mercadiño solidario coa participación das asociacións Andaina, Lenda, DaMán e Cáritas que ofrecerán os seus produtos os días 21 e 22 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

 A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron esta proposta que forma parte das actividades organizadas polo Concello de Redondela dentro da programación de Nadal.

Os postos instalados na praza da Constitución venderán obxectos que realizan os usuarios e usuarias destas asociacións, que representan a colectivos con distintas actividades sociais e asistencias, e que están normalmente á venda. Poderanse mercar todo tipo de obxectos solidarios, que se converten nunha boa opción como agasallos de Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará