Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor invade o carril contrario e provoca un accidente con tres feridos

poli foto

Aparatoso accidente o que tiña lugar na noite de onte na N-550 cando dous vehículos colidían frontalmente tras invadir un dos turismos por causas que se descoñecen o carril contrario. Os tres feridos, de carácter leve, son veciños de Redondela e foron trasladados a un centro sanitario para a súa valoración.

Os feitos producíanse ás 23:30 horas de onte na estrada N-550 na entrada de Redondela, practicamente baixo o viaduto. A colisión tiña lugar logo de que un dos vehículos implicados que circulaba en dirección Redondela-Aeroporto invadiu o carril do sentido contrario á marcha, colidindo de xeito frontal contra o turismo que circulaba polo seu sentido e carril.

Ambos condutores implicados deron un resultado negativo nas probas de alcoholemia e todo apunta a un despiste dun dos condutores.

No lugar os axentes de Policía Local e Policía Nacional colaboraron xunto con emerxencias do Concello de Mos e o persoal de dúas ambulancias do 061 que se trasladaron ao punto do accidente. Os ocupantes dos vehículos, dous condutores e unha pasaxeira, resultaron feridos leves e foi preciso axudar a un deles a saír do turismo.

Intervíu tamén persoal de conservación de estradas para limpar a zona na que se produciu o accidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará