Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de primeiros auxilios no Multiúsos da Xunqueira

470601553_902358072071447_5245839802831654440_n

O Concello de Redondela organiza este xoves, 19 de decembro, un obradoiro gratuíto de primeiros auxilios no Multiúsos da Xunqueira, que dará comezo ás 18:00 horas. Trátase dunha iniciativa aberta a todos os públicos, sen necesidade de inscrición previa, aínda que está especialmente dirixida a maiores de 10 anos. 

O obradoiro será impartido por profesionais con ampla experiencia: Esther, membro de Protección Civil Redondela, e Pilar Martínez, médica de profesión. O seu obxectivo principal é ensinar técnicas fundamentais para actuar en situacións críticas que poden marcar a diferenza entre a vida e a morte. 

Entre os temas que se tratarán, inclúese a atención inicial ante unha persoa inconsciente, aprendendo a determinar o seu estado e a realizar as accións necesarias para salvar a súa vida. Ademais, abordarase como actuar en caso de atragantamento, unha causa frecuente de urxencia médica. Con intervencións rápidas e correctas, é posible evitar complicacións graves ou incluso ingresos na UCI. 

O Concello anima á cidadanía a participar, destacando que nunca se sabe cando poden ser necesarios estes coñecementos.  Non perdas esta oportunidade de aprender habilidades que poden salvar vidas! 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará