A Asociación Lenda recibe 20.000 euros mentres que a achega a Asociación Española contra o Cancro é de 6.000 euros.
O Concello de Redondela acolleu o acto de sinatura de dous convenios con colectivos que realizan labores sociais e asistenciais no municipio. No caso de Lenda trátase dunha asociación de Saúde Mental que presta atención, asesoramento e información aos enfermos e familiares. Realizan labores de sensibilización e actividades de ocio, obradoiros, viaxes e deportes. O convenio do Concello con esta asociación incrementouse este ano máis dun 33%, e pasa dos 15.000 euros ata os 20.000 euros.
Por outra banda, a Asociación Española contra o Cancro é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece atención psicolóxica, sanitaria e social para os enfermos de cancro e as súas familias, ademais de facer unha gran labor de divulgación. A achega do Concello de Redondela con esta asociación increméntase un 50%, ao pasar dos 4.000 do ano pasado aos 6.000 euros do presente exercicio.
A alcaldesa, Digna Rivas, quen puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a estes colectivos “que desenvolven unha gran labor social e asistencial da que se benefician moitas familias do noso municipio” asinou os convenios con Olga Rodríguez Puga, por parte de Lenda, e Amparo Alonso Monteagudo, por parte da Asociación Española contra o Cancro.