A Asociación Amigos do Carballo das Cén Pólas organiza este venres 20 ás 20:00 horas un concerto a cargo do trío de música clásica Provenza na Igrexa de Santa María de Reboreda.
O concerto inclúe un repertorio de música clásica con temas tan populares como as 4 estacións de Vivaldi, o Avemaria de Caccini e inclúe tamén Adagio (Ibinoni), Concerto de Nadal Op.6 nº 8 (A. Corelli) e La Folia (A. Corelli).
O trio de corda Provenza está formado por Loida Díaz e Fabio Salgado nos violíns e Elena Pintos no violonchelo. A agrupación nace en Vigo en 2008, onde os seus compoñentes estudaban no Conservatorio Superior. Da súa inquietude pola música de cámara e o interese por adaptar todo tipo de obras (clásicas, modernas, tangos, bandas sonoras…etc) xorde o grupo que leva desde entón máis de quince anos pola promoción da música clásica en Galicia.