Hoxe é Xoves 19 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta recibe once ofertas para executar as obras de posta en valor da ponte medieval entre Arcade e Pontesampaio

obra ponte sampaio

O obxectivo desta intervención, na que a Xunta investirá preto de 500.000 euros é garantir a conservación da ponte e realzar a súa estética, reforzando o atractivo desta zona que coincide coa traza do Camiño Portugués. Realizaranse labores de limpeza dos paramentos, repararase o pavimento da ponte e disporanse 20 luminarias led e 36 proxectores led para poñer en valor a infraestrutura

A Xunta recibiu 11 ofertas para executar as obras de posta en valor da ponte medieval de Ponte Sampaio, que une Pontevedra e Arcade, en Soutomaior, nas que a Administración autonómica inviste un orzamento de 489.319€.

A finalidade desta actuación, cuxo prazo de execución estimado é de 6 meses, é garantir a conservación da ponte e realzar a súa estética, o que contribuirá a reforzar o atractivo desta contorna que coincide coa traza do Camiño Portugués.

Os traballos previstos inclúen a realización de labores de limpeza dos paramentos, colocando unha rede desde os tallamares como medida protectora do río Verdugo. Tamén se reparará o pavimento, repoñendo as pezas de lastra onde sexa necesario.

Así mesmo, co fin de acentuar a estética desta ponte disporase iluminación na calzada para o tráfico rodado e peonil, para o que se habilitarán 20 luminarias led nos tallamares. Ademais dotarase a ponte de iluminación ornamental, con 36 proxectores led.

De xeito complementario, realizarase un cambio no pavimento dos treitos de PO-264 contiguos á ponte. Eliminarase o pavimento asfáltico existente e colocarase un novo lousado granítico, mellorando a estética desta contorna.

Ademais axardinarase esta zona coa plantación de céspede no triángulo flanqueado polo bordo do río e acondicionaranse os espazos anexos á ponte, á entrada e á saída.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará