Unha programación teatral que inclúe un total de nove funcións entre o 22 de decembro ao 4 de xaneiro que percorrerán as parroquias do municipio. Entre os artistas participantes están Ártika Teatro, Pakolas, Animar-T, Peter Punk e Os Bolechas, entre outros.
A primeira das actuacións deste programa interparroquial será con Brais das Hortas, o 22 de decembro ás 18.00 horas no Centro Cultural de Vilar de Infesta. O artista ofrecerá o espectáculo “Consertasso a horta”, con música e humor para todos os públicos.
Ao día seguinte chegará a Cesantes a tradicional figura do Nadal galego, o Apalpador, quen visitará o Centro Cultural o día 23 de decembro ás 18.00 horas para reunirse coa rapazada.
O Multiúsos de Chapela acollerá o espectáculo musical “A Bailar no Nadal” de Animar-T o venres 27 de decembro ás 18.00 horas.
A San Estevo de Negros a programación chegará o 28 de decembro co espectáculo “A xogar cos trasnos do Nadal”, ás 18.00 horas no Centro Cultural da parroquia.
As últimas citas do ano serán no Multiúsos da Xunqueira e en Reboreda. Así o domingo 29 de decembro o auditorio da Xunqueira, recibirá á compañía Ártika Cía e o seu teatro musical “Pum, pum, quen hai? Unha comedia familiar recomendada a público infantil a partir dos catro anos que se poderá ver ás 18.00 horas.
Barafunda teatro actuará no Centro Cultural de Reboreda o luns 30 ás 18:00 horas co espectáculo «Os Ourizos, o musical», unha obra de teatro musical de monicreques dirixida a un público familiar e infantil na que se abordan temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, aos seus paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xéneros musicais. Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.
II Ciclo Infantil Interparroquial continuará na Sociedade Cultural do Viso o 2 de xaneiro co coñecido artista musical Pakolas e o seu espectáculo “As máis molonas” ás 18.00 horas.
O 3 de xaneiro o protagonista será Peter Punk, que estará no Centro Cultural de Cedeira ás 18.30 co espectáculo cómico e musical “Chungo que te cagas”.
A programación deste ciclo rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas” que estarán no auditorio da Xunqueira ás 18.30 co espectáculo “Cantares de Reis”.
Brais das Hortas inaugura o II Ciclo infantil de teatro “Queremos galego”
Unha programación teatral que inclúe un totla de nove funcións entre o 22 de decembro ao 4 de xaneiro que percorrerán as parroquias do municipio. Entre os artistas participantes están Ártika Teatro, Pakolas, Animar-T, Peter Punk e Os Bolechas, entre outros.