Hoxe é Xoves 17 de Abril de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A nostalxia chega ao Multiúsos cunha exposición de xoguetes dos anos 70 e 80

xoguetes

Nancys, Tentes, trens eléctricos ou clásicos como coches ou telesketch forman parte da exposición que o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy inaugura este sábado 21 de decembro ás 17:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Unha mostra de xoguetes antigos propiedade de Antonio Martínez Vázquez que poderá visitarse ata o 6 de xaneiro.

A mostra amosará algún dos xoguetes que conforman a colección de Antonio Martínez quen conta no seu haber con pezas das décadas dos anos 60, 70 e 80. A última tecnoloxía no seu tempo, xogos de mesa, bonecas, xogos de construción ou auténticas pezas de arte como trens eléctricos ou clásicos como coches ou Telesketch. Estes son algúns dos trebellos que estarán dende este sábado na exposición do Multiusos da Xunqueira e que conforman unha colección de máis de 70 xoguetes, todos eles adquiridos ao longo do tempo e gardados con mimo para evitar o seu deterioro.

O seu propietario Antonio Martínez Vázquez, especialista en historia do arte, explicará na inauguración algunha das historias dos xoguetes e responderá a dúbidas dos asistentes nunha mostra que permanecerá aberta ata o vindeiro 6 de xaneiro para facela coincidir con estas semanas de Nadal nas que os xoguetes son protagonistas.

Xoguetes de todo os tipos dende unha boneca Nancy de comuñón ou un coche teledirixido de finais dos 80 que forman parte dos seus tesouros máis prezados porque formaron parte da infancia dos seus pais.

Pero tamén os clásicos Tentes e outros xogos de construción que aínda están empaquetados na súa caixa orixinal. Xoguetes que farán aos maiores rememorar a súa infancia mentres que os cativos e cativas que se cheguen sorprenderanse con xoguetes descoñecidos que foron relegados, en moitos casos, ao esquecemento por xogos máis tecnolóxicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará