Rivalidade e bo ambiente o que se vivía na tarde onte no Campo do Salgueirón onde se disputaba o derbi entre o Arcade e o Soutomaior, con vitoria para os primeiros por 6-2.
Arcade 6-2 Soutomaior
En primeira Galicia o partido destacado da xornada estaba en Soutomaior, cos dous equipos da localidade militando na mesma categoría, o público non defraudou e achegouse ao campo do Salgueirón para gozar dun encontro de máxima rivalidade. A vitoria foi para o Arcade, equipo mellor situado na táboa clasificatoria. Son agora cuartos da categoría mentres que o Soutomaior sitúase nunha complicada posición, xa que son decimoquintos.
Á volta das vacacións de Nadal o Arcade xogará na casa do Caldas, equipo situado na metade da táboa, mentres que o Soutomaior recibirá ao Taragoña, pechacancelas do grupo.