Partido disputado en Santa Mariña no que o Céltiga, líder da preferente, amosou dende o inicio a súa superioridade.
Choco 1-3 Céltiga
Un partido que arrancou con boas sensacións para os locais, sendo o Choco o primeiro en marcar cun gran cabezazo de Chisco logo dun saque de corner. 1-0 no minuto 16 que se mantivo ata a segunda parte. O paso por vestiarios fixo reaccionar aos xogadores do Céltiga que incrementaron a súa intensidade e lograron poñerse por diante con dous tantos de Santorum e Adri. O gol definitivo chegou novamente da man de Adri que subiu o terceiro tanto do seu equipo a un marcador que xa non se movería do 1-3.
O Choco vaise de vacacións situado na decimo cuarta praza do grupo. A próxima cita será xa o día 12 de xaneiro no campo do Cented Academy.