Un encontro que os locais xa tiñan encarrilado na primeira metade, chegándose ao descanso cun claro 3-0 que amosaba a superioride dos de Matilla. Unha vantaxe que mantiveron ao longo do segundo tempo ata chegar ao final cunha importante vitoria con goles de Xandre (2), Jacobo, Diego, Fredo e Jorge.
Pazos FS 6-2 Carballiño
O adestrador do equipo amosaba a súa satisfacción por esta vitoria “cun rival potente, onde tivemos a efectividade da que non gozamos noutros partidos, e que nos serve para pechar o ano cunha vitoria que nos deixa ademais nos postos altos que nos permitirían xogar o play off de ascenso a Segunda División B”.
Obxectivo ambicioso e nada sinxelo que terán que comezar a pelexar xa no inicio do vindeiro ano. Situados na terceira praza da terceira división o primeiro partido do 2025 será co ADC San Xoán de Guitiriz, oitavos na táboa.
En preferente os resultados foron moi dispares con vitoria contundente para o Redondela e derrotas para os dous equipos de chapela que militan na categoría:
Redondela 8-0 FS Vincios Gondomar
Vianariño 7-3 FS Campito Chapela
Arealonga 0-6 Pizarras los tres Cuñados
Os de Redondela sitúanse na segunda praza da categoría mentres que o Campito Chapela queda relegado a decimosegunda praza. Peor lle van as cousas ao Arealonga situado como pechacancelas do grupo.
Non houbo sorte na categoría feminina con dúas derrotas nos partidos disputados esta fin de semana:
CD La Peña 7-5 Arealonga FS
Escola Fútsal Morrazo 4-2 Campito Chapela